Preto de 50 postos de traballo para mozos e mozas na XIII Feira de Emprego da Cámara

Preto de 50 postos de traballo para mozos e mozas na  XIII Feira de Emprego da Cámara

No Fórum Carballo, o próximo 30 de maio

Preto de 50 postos de traballo para mozos e mozas na XIII Feira de Emprego da Cámara

  • Participarán empresas como Repsol, APECCO, Gadisa, Grupo Gestán, Genesal, Grupo Calvo ou Imán Temporing ETT, entre outras.
  • Tódalas empresas participantes contan con procesos de selección abertos e recollerán currículos de mozos e mozas sen emprego, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • O que máis buscan as empresas de Bergantiños é persoal de tendas de alimentación e retail, axentes comerciais, enxeñería industrial, informática, telecomunicacións e electricidade. Tamén se necesitan perfís técnicos de FP como frigoristas, carpintería, albañilería, soldadura, técnicos de instalación de electricidade, electromecánica ou técnicos de xestión administrativa e persoal para hostalería, loxística e delineación, deseño industrial, entre outros.
  • As inscricións, gratuítas, están abertas na web da Cámara e a organización poñerá ao dispor dos mozos un servizo de autobús gratuíto que partirá do Centro de Formación da Cámara

A Coruña, 22 de mayo de 2023.- Preto de trinta empresas, con medio centenar de ofertas de emprego dirixidas a mozos e mozas rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, participarán na décimo terceira edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, que terá lugar o 30 de maio no Fórum Carballo, de 9h a 14h.

Empresas con procesos de selección abertos

Participarán compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de APECCO, Arce Clima, Areté Gestión de Personas, Aseb, Carrefour, CIE Tecnología, Clece, Disashop, DomusVi, Eulen - Flexiplan, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundacion Equipo Humano, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, Grupo Aluman, Grupo Calvo, Grupo Externa, Grupo Gestán, Grupo Konecta, Iman Temporing, MMypem by Voltam, Northius, Pacto, Repsol, Synergie, Teiga TMI, Temporing, ou Vegalsa-Eroski.

Perfiles máis buscados en Bergantiños

Na comarca de Bergantiños, os postos máis demandados son persoal de tendas de alimentación e retail, axentes comerciais, enxeñería industrial, informática, telecomunicacións e electricidade. Tamén se necesitan perfís técnicos de FP como frigoristas, carpintería, albañilería, soldadura, técnicos de instalación de electricidade, electromecánica ou técnicos de xestión administrativa e persoal para hostalería, loxística e delineación, deseño industrial, entre outros.

Talleres de empregabilidade

A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección.

Por un lado, María Dolores Serrano, Orientadora Laboral do Concello de Carballo, explicará aos asistentes como a Bolsa de Traballo (BDT) do Concello encárgase da xestión das candidaturas para participar en procesos de selección. Ademais, Covadonga Abril, Ceo de Talentiers, empresa dedicada a acompañar e asesorar a mulleres emprendedoras, realizará un taller sobre o valor da tecnoloxía na procura de emprego.

Asesoramento

Durante toda a xornada estará dispoñible un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.

Inscricións e traslado gratuítos

Os interesados poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Ademais, a organización poñerá á súa disposición un servizo de autobús que partirá do Centro de Formación da Cámara (C/Mendaña de Neyra, 3), na Coruña.

A Feira de Emprego da Cámara da Coruña enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) das Cámaras de Comercio de España. É un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 do Fondo Social Europeo e forma parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social en coherencia coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo. O seu obxectivo é apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.

Compartir esta noticia: