A XIII Feira de Emprego da Cámara será o 30 de maio

A XIII Feira de Emprego da Cámara será o 30 de maio

No Fórum Carballo

A XIII Feira de Emprego da Cámara será o 30 de maio

 

  • Xa confirmaron a súa participación empresas como Gadisa, Grupo Gestán, Genesal, Grupo Calvo ou Imán Temporing ETT, que contan con procesos de selección abertos e que recollerán currículos de mozos sen emprego, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • As inscricións, gratuítas, están abertas na web da Cámara
  • A organización poñerá ao dispor dos mozos un servizo de autobús gratuíto que partirá do Centro de Formación da Cámara

A Coruña, 15 de maio de 2023.- A Cámara da Coruña reunirá a empresas de diferentes sectores con procesos de selección abertos na décimo terceira edición da súa Feira de Emprego, que terá lugar o 30 de maio no Fórum Carballo.

Empresas con procesos de selección abertos

Participará, como nas anteriores edicións, unha boa representación de compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de Gadisa, Grupo Gestán, Genesal, Grupo Calvo ou Imán Temporing ETT, entre outras.

Talleres de empregabilidade

A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección.

Por un lado, María Dolores Serrano, Orientadora Laboral do Concello de Carballo, explicará aos asistentes como a Bolsa de Traballo (BDT) do Concello encárgase da xestión das candidaturas para participar en procesos de selección.

Ademais, Covadonga Abril, Ceo de Talentiers, empresa dedicada a acompañar e asesorar a mulleres emprendedoras, realizará un taller sobre o valor da tecnoloxía na procura de emprego.

Asesoramento

Durante toda a xornada estará dispoñible un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.

Inscricións e traslado gratuitos

Os interesados poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Ademais, a organización poñerá á súa disposición un servizo de autobús que partirá do Centro de Formación da Cámara (C/Mendaña de Neyra, 3), na Coruña.

A Feira de Emprego da Cámara da Coruña enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) das Cámaras de Comercio de España. É un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 do Fondo Social Europeo e forma parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social en coherencia coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo. O seu obxectivo é apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.

Compartir esta noticia: